歌词
Nunha noite de Beltain,
ó carón do fogar,
as luces voan ó redor,
que o lume creou.
Eu só sei que foi cando era neno,
e que o podes sentir mais non o podes falar.
E baixo os meus pés sinto o mar que ven,
e abro os meus ollos para me derreter
e mesturar coa area e fluir co son do ar.
Os lumes arden sen parar co seu crepitar,
e Nubeira canta sen cesar para os afogar,
e asi a danza é inagurada,
e lume e auga bailan e cantan ó sol.
E baixo os meus pés sinto o mar que ven,
Mouras e Trasnos levanme da man,
e pecho os meus ollos para ver o que entón aconteceu.
专辑信息
1.Medianoite
2.A Danza das Ánimas
3.A Chamada da Néboa
4.Roubando o Viño do Fauno
5.Longa Noite de Pedra
6.Lume de Solsticio
7.O Camiñante Coxo
8.Mariñeiros
9.O Amor
10.O Descanso
11.Xuramento
12.O Canto do Luar